A nova ubicación da feira quincenal repartirase entre a alameda de Ribadavia, onde se colocarán vendedores de plantas, leguminosas e sementes (anteriormente situados na rúa san Martín), e a rúa Veronza onde se colocarán o resto dos postos de alimentación, textil, calzado, ferramenta, maquinaria e outros, xa que é a única rúa que permite colocar o 100% dos postos que participan habitualmente na feira de Ribadavia e, ao mesmo tempo manter o distanciamento que recomendan as instrucións que regulan este tipo de mercados.
VIDEO
Con este cambio de ubicación, o concello de Ribadavia garante que a Feira quincenal poida celebrarse a pleno rendemento, coa presenza de todos os postos que habitualmente participaban e, ademais, garantindo as medidas de distanciamento e seguridade que se impuxeron tras a declaración do estado de alarma derivado da Pandemia do COVID-19.
Os feirantes están satisfeitos con esta nova ubicación e valoran positivamente a afluencia de xente que agora deberá acostumarse a este cambio.

Haberá controis de accesos e as persoas que vaian á feira terán que ir provistos de guantes e mascarillas.
Tamén puido degustarse o pulpo en todo o seu esplendor, tanto nas terrazas como no interior dos bares que xa estaban abertos, ainda así a maioría o levaba para casa.
Na hostaleria agradecese a afluencia da xente á feira pero notase moito ainda a falta de clientes de outros municipios, provincias e comunidades.