O Club Ciclista Carballiño participa na Mini BTT de Maceda

Esta edición houbo cambio de ubicación, pero o Club Ciclista Maceda preparou igualmente un percorrido espectacular para a 16ª Mini BTT de Maceda.

En Categoría Principiantes, Leonor Mouriño remataba nunha fenomenal 12ª praza en Feminino, mentres que Manuel Mouriño remataba 10º nunha espectacular carreira.

AVANTAR ACTIVIDADES

Xa nos promesas, Toño González, conseguía rematar en 20ª posición.

E a vindeira cita, este próximo domingo día 22, toca na casa na IV Mini BTT Concello Do Carballiño.