O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao mestre de Tai Chi, Fu Qin Quan, 6º xeración da familia Yang, que adestrou aos últimos emperadores de China e estendeu despois o Tai Chi por China e todo o mundo, quen visitou a institución acompañado polo delegado da Federación Galega de Wushu/judo en Ourense, Jose Gago.
O mestre Fu atópase na cidade con motivo da súa participación nun curso internacional desta disciplina deportiva no Campus Universitario que reuniu do 15 ao 17 de marzo, a un centenar de participantes procedentes de Rusia, Rumania, Francia, Malta, Inglaterra, China, Portugal, e de numerosas localidades de España.
Fu Qing Quan (James Fu) é un recoñecido mestre, fillo da máxima autoridade mundial no estilo Yang de Tai Chi, Fu Sheng Yuan. A finais dos anos 80, James foi campión nacional de China nas disciplinas Quan e Jian. Ademais, é a persoa máis moza en obter o 7º Dan pola Asociación China de Wu Shu. Na actualidade, James continúa a viaxar polo mundo compartindo os seus coñecementos con alumnado de todas as idades.