A Xunta remata as obras de mellora do abastecemento en varios núcleos do concello de Castrelo de Miño, tras un investimento de 40.000 euros

Casa do Concello de Castrelo de Miño.
IES CHAMOSO LAMAS

A titularidade das novas infraestruturas hidráulicas xa foi entregada ao Concello

Esta intervención garante o subministro de auga a varios lugares do municipio, así como a súa calidade, contribuíndo a paliar os problemas derivados da presenza de arsénico

HIPER MASIDE

No tramo entre A Bouza e As Bouzas dispuxéronse 1.908 metros de tubaxe desde a proximidade do depósito

A Xunta vén de rematar as obras de mellora da rede de abastecemento en varios núcleos do concello de Castrelo de Miño, tras un investimento de 40.000 euros. A titularidade das novas infraestruturas xa foi entregada ao Concello.

A intervención garante o subministro de auga a distintos lugares deste municipio, así como a súa calidade, paliando os problemas derivados da presenza de arsénico.

Para isto, foi necesaria a instalación de novas tubaxes que levan o subministro aos puntos que teñen problemas de caudal.

Así, no tramo da Bouza–As Bouzas completouse a rede, dispoñendo un total de 1.908 metros de tubaxe desde a proximidade do depósito, ademais dos elementos necesarios para o seu bo funcionamento.

Tamén se procedeu á instalación dunha nova rede que discorre polas marxes dereita e esquerda, desde o punto de encontro coa rede principal que vén do depósito de Santo Estevo ata Pousadoiro.

No núcleo de Ramiras colocouse un sistema de corte mediante un mecanismo con tarxeta de datos, así como unha instalación fotovoltaica con baterías de xel para subministro eléctrico.

En Astariz acometeuse un treito de rede de abastecemento pola marxe dereita da estrada OU-402, desde o punto de encontro coa rede principal nunha arqueta de reparto de rede, ata o punto no que a tubaxe xa foi substituída.

A Xunta, a través destas actuacións, continúa prestando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer as súas responsabilidades de saneamento e abastecemento dun xeito eficiente.