Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (II): O saneamento, outra materia pendente.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segunda entrega sobre a crise da auga no Carballiño.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na primeira entrega vimos que o río Arenteiro volveu rozar mínimos históricos este verán e que, antes de pensar en novas formas de almacenamento, a prioridade debe ser renovar unha rede de abastecemento que perde unha parte importante da auga que capta. Hoxe detémonos na outra gran carencia estrutural do ciclo da auga no Carballiño: a rede de saneamento.

Cando chove e cando non chove

Despois de meses sen chover, as rúas acumulan sucidade: area, lixo, aceites, graxas e hidrocarburos. As primeiras choivas arrástrano todo aos sumidoiros. Se a rede é unitaria —a auga da choiva e as augas residuais viaxan xuntas pola mesma tubaxe— e a treboada é forte, chega máis auga da que a rede e a depuradora poden asumir. Entón o exceso reborda polos aliviadoiros, que verten directamente ao río unha mestura de augas negras e pluviais sen depurar, xusto cando máis sucia vai a auga.

En épocas de seca como a deste verán, o caudal do río Arenteiro descende ata acadar un punto de vulnerabilidade extrema. Abonda con lembrar os recentes episodios de troitas mortas augas abaixo do aliviadoiro das Barcias e da EDAR de Godás, dos que xa informou Badal Novas, e nos que todo apunta a que os vertidos da rede de saneamento tiveron algo que ver.

Pero o problema non é só de final de verán. No inverno, con choivas frecuentes e intensas, os aliviadoiros verten ao río unha e outra vez, e cando nin sequera eles dan feito, a rede desbórdase: levántanse as tapas dos sumidoiros e asoláganse baixos e rúas, como ocorre de xeito recorrente no paso subterráneo da vía do tren da rúa Otero Pedrayo ou na Avenida do Arenteiro. Unha rede sen capacidade falla na seca e falla nas inundacións.

Urxe un Plan Integral de Xestión do Sistema de Saneamento

No Carballiño, a rede de saneamento é altamente deficiente tanto polo seu deseño como polas súas características estruturais: falta capacidade e conviven os aliviadoiros da rede unitaria de saneamento con tubaxes illadas de augas pluviais, e uns e outras descargan directamente no río Arenteiro.

A rede de saneamento require unha renovación profunda que evite descargas, fugas e infiltracións: separar a auga da choiva das augas residuais alí onde sexa factible, dotar a rede unitaria de tanques de tormenta que garden a auga ata que a depuradora poida tratala e instalar separadores nos puntos de vertido de pluviais que reteñan a area, os aceites e os hidrocarburos que arrastran as primeiras choivas. E, ao final da rede, executar canto antes as melloras anunciadas nas depuradoras do Arenteiro e do Carrás.

Ata aquí falamos da vila, pero en boa parte dos núcleos pequenos do Carballiño non hai unha rede que leve as augas residuais a unha depuradora: acaban en fosas sépticas, unhas comunitarias e outras particulares.

Unha fosa séptica non depura a auga, só a pretrata: retén os sólidos, pero a auga que sae segue cargada de materia orgánica, bacterias, nitróxeno e fósforo, os mesmos nutrientes que alimentan a «sopa verde» do Arenteiro. Para que non contaminen, as fosas sépticas precisan un tratamento posterior e baleirarse con regularidade; se non, acaban colmatadas e deixan pasar a auga case tal como entra.

Para levar a cabo unha renovación da rede de saneamento como a descrita non cabe pensar en parches illados para resolver os problemas puntuais máis acuciantes. É necesario que todalas actuacións estean coordinadas coa elaboración dun Plan Integral de Xestión do Sistema de Saneamento do Concello do Carballiño, aínda que despois se vaian acometendo en diferentes fases. Ese plan debería incluír tamén a renovación das fosas sépticas engadíndolles un tratamento efectivo.

En calquera caso, tendo en conta a envergadura das obras, será necesario recorrer ao financiamento público, como xa ocorre noutros concellos da provincia. A Confederación Hidrográfica investirá máis de 39,5 millóns de euros en dotar San Cibrao das Viñas dunha rede separativa e remodelar a súa depuradora, case cinco veces os oito millóns que o contrato da auga prevé investir no Carballiño en cinco anos. E a Xunta destinará 580.000 euros a renovar as redes de Laias, en Cenlle. É exactamente o tipo de investimento, en redes, que O Carballiño leva demasiado tempo agardando.

Non lle quitemos máis auga ao río

Como se ve na gráfica, durante o verán o caudal do Arenteiro estivo, e segue estando, moi por debaixo do caudal ecolóxico, e chegou a marcar un novo mínimo histórico. Un río con tan pouca auga non pode diluír a carga contaminante que recibe, como lembran os reiterados episodios de cubrición de algas (“sopa verde”) ou de mortandade de troitas.

Mentres o río siga baixo mínimos, resulta incoherente seguir tramitando unha ampliación da captación para o macropolígono industrial. É moi importante para o futuro do río que a Mancomunidade O Carballiño-Maside retire xa esa petición.

Por último, os veciños tamén teñen a súa parte de responsabilidade no que non debe acabar na rede de saneamento: aceite polo vertedoiro ou toalliñas e compresas polo váter. As campañas de sensibilización sobre o bo uso de vertedoiros e váteres son un complemento sinxelo e económico das obras, non un substituto, e o concello debería impulsalas.

A recuperación do río Arenteiro non depende dunha soa causa nin se resolve cunha soa actuación; O Carballiño necesita avanzar sen máis demora en varias frontes:

  • Un Plan Integral de Xestión do Saneamento: Que o concello elabore un plan que analice a capacidade e o estado físico dos colectores e que permita definir os sistemas urbanos de drenaxe sostible necesarios para reducir o volume de augas non tratadas que chegan ao medio natural.
  • Capacidade e eficiencia da depuración: Que se executen canto antes as melloras anunciadas nas depuradoras do Arenteiro e do Carrás e que se garanta a súa eficacia.
  • Saneamento no rural: Que se faga un inventario das fosas sépticas dos núcleos rurais, co seu estado e o seu punto de vertido, que se renoven cun tratamento efectivo e que se cumpra un programa de baleirado e control, tamén das particulares.
  • Financiamento público: Que se prepare a documentación técnica necesaria para solicitar financiamento público.
  • Educación ambiental: Que se impulsen campañas de sensibilización sobre o bo uso de vertedoiros e váteres.

Na terceira e última entrega falaremos da opacidade na xestión da auga no Carballiño.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (I): e agora que?”

Pablo A. Guillén: “As Barcias, un mes después de la Fiesta”

Pablo A. Guillén: “Máis troitas mortas no Arenteiro: detrás escóndese un problema estrutural”

Pablo A. Guillén:”Estamos peor que hai un ano: a “Sopa Verde” volve ao Arenteiro

Pablo A. Guillén:”Utiliza la inteligencia artificial (IA) con inteligencia natural”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”

Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”

Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”

Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------