O Círculo Podemos no Carballiño pídelle ao Concello un plan de ocio libre de LGTBfobia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Alba González, enlace de feminismo  do círculo local: “ A loita contra a LGTBIfobia require   do   traballo   conxunto   das  distintas   institucións   xunto   a  colectivos   e veciñanza”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Círculo Podemos no Carballiño vén de presentar  unha  proposta   para  traballar  no  desenvolvemento   dos  dereitos  das persoas LGTBI e por unha vila libre de LGTBIfobia. Con isto pretende a implicación do conxunto  de actores e veciñanza para frear a número  crecente de agresións e vandalismo por motivos de LGTBIfobia.

“A loita contra a LGTBIfobia require  do traballo  conxunto  das distintas institucións xunto a colectivos e veciñanza”, indica a enlace de feminismos do círculo, Alba González,    quen   continúa   explicando   que   “por   iso  pedimos   o  respaldo   da corporación  a unha serie de medidas que  van encamiñadas a dar unha  resposta colectiva contra a LGTBIfobia”.

Esas medidas van dende o deseño dunha campaña para un ocio libre de LGTBIfobia, en colaboración  coas asociacións de hostaleiros, ata a creación dun  punto  de información  LGTBI municipal  ou distintas iniciativas en colaboración cos centros de ensino posto que como sinala a enlace de feminismos, Alba González, “a educación é clave para erradicar a LGTBIfobia e máis cando falamos de que algúns destes actos violentos teñen como protagonistas a xente nova”.

Ademais, vimos de ter constancia de que entre a xuventude da vila se están a recibir ameazas nas redes  sociais a certas mozos e  mozas, ameazas que  poñen  como referente   o ataque homófobo que se cobrou  a  vida de Samuel Luiz na Coruña, engade Manuel Nogueira voceiro local da agrupación morada, “ actitudes que son unha lacra e que repudiamos totalmente  e contra as que a sociedade ten que loitar unida”.

Dende o círculo podemita  poñerán en coñecemento das autoridades pertinentes  as distintas capturas e mensaxes volcadas nas redes sociais das que teñen constancia, para que se actúe en consecuencia.

Finalmente, Podemos pide que a Xunta de Galicia se involucre poñendo  os recursos para desenvolver de maneira axeitada a Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación  de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, que lle dea impulso  ao Observatorio  galego contra  a discriminación  por  orientación  sexual e identidade  de xénero para que sexa unha ferramenta  eficaz e que, en diálogo cos colectivos LGTBI, redacte unha Lei Trans Galega.

Unha das capturas das redes  sociais coas ameazas homófobas das que temos  constancia:

IIICII  lCIItJL_.U 1

lnstagram

1049 segu1dores  3 publ cac1ones

No os segUis mutuamente en lnstagram Ambos segUis a oscaralleres y 7 personas ITláS

Ver perfil

Hoy06 18

Te van hacer la de Samuel en carballiño

Por ir de chulita

Hoy 12 25

Llama a tus amigitas

Luego lloras


MOCIÓN

Á ATENCIÓN DO SEÑOR ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

PROPOSTA PARA O DESENVOLVEMENTO DOS DEREITOS DAS PERSOAS LGTBI E UNHA VILA LIBRE DE LGTBIFOBIA.

No ano 2005, a aprobación do matrimonio igualitario en España supuxo un fito que nos situou como un dos países cunha das lexislacións en favor dos dereitos LGTBI+  máis avanzada do mundo, sendo, ademais, unha das sociedades cun maior compromiso e respecto cara as diversidades afectivo-sexuais e de identidade de xénero. Sen embargo, a esta lei de matrimonio igualitario seguíronlle algunhas leis de ámbito autonómico que desenvolvían cuestións importantes, como poden ser aquelas relacionadas cos dereitos das persoas trans, pero ningunha lei substancial de ámbito estatal que dera continuidade, dende un marco común, ao acadado no 2005. Só este último mes de xuño, púxose fin ao baleiro destes anos coa aprobación en Consello de Ministros do Anteproxecto de Lei para a Igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI+ que regulará cuestións tan importantes como a despatoloxización e autodeterminación de xénero das persoas trans,  ou a prohibición  das  terapias  de conversión  e  a consolidación  de  dereitos laborais e reprodutivos das persoas LGTBI+. Trátase dun paso importante que terá que ser acompañado de máis cambios, así como de política públicas encamiñadas a romper coa precariedade e a discriminación que sofren moitas persoas do colectivo.

A Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea ( FRA) publicou en 2020 o maior estudo realizado ata a data sobre delitos de odio e discriminación contra as persoas LGTBI+. Os datos poñen de manifesto que apenas se avanzou desde o último estudo e son especialmente preocupantes no que se refire a persoas trans e intersexuais.

     1 de cada 5 persoas foron atacadas física ou sexualmente nos últimos 5 anos.

     Os delitos de odio por orientación sexual ou de xénero aumentaron nun 8,6% en España no ano 2019, segundo datos do Ministerio do Interior.

     O 19’3% do discurso de odio on-line reportado en Europa é por orientación sexual ou identidade de xénero, segundo datos da Comisión Europea do anon 2018

Aínda en 2021, algúns países penalizan as relacións entre persoas do mesmo sexo con pena de morte. Noutros países non cabe a liberdade de expresión LGTBI+; de feito, un dos exemplos máis drásticos neste sentido témolo na Unión Europea coas declaradas “zonas libres LGTBI” en Polonia. Naqueles Estados nos que non se penalizan as relacións entre persoas do mesmo sexo, as persoas LGTBI+ (que non só

as persoas gais ou lesbianas)  continúan  a sufrir discriminación en moitos ámbitos das súas vidas, dificultades no acceso á vivenda ou no  ámbito laboral, etc. En todo caso, tampouco podemos esquecer que en España a violencia contra a comunidade LGTBI+ existe e vai en aumento.

En Galicia, estamos a vivir unhas últimas semanas nas que os ataques ao colectivo (sexa coa vandalización dos símbolos que representan as reivindicacións do mesmo, ou, nos casos máis violentos, por mor de agresións verbais e físicas a persoas do colectivo LGTBI+) estanse a intensificar. Pintadas en bancos cos cores da bandeiras arco iris ou trans en diferentes concellos (a última o 8 de xullo en Salvaterra), tamén nas paredes dunha vivenda de Boiro na que penduraba a bandeira LGTBI. Os datos de   agresións   físicas   son   preocupantes,   máis   cando   moitas   delas   non   son denunciadas. Fai unhas semanas, en Vilagarcía un menor gay foi vítima dunha agresión por parte dun grupo de mozos. Tamén, unha parella homosexual foi agredida en A Coruña cunha porra extensible e unha muller trans foi agredida fai uns días no barrio de San Pedro en Santiago de Compostela. Pero, sen dúbida, o caso máis terrible foi o asasinato de Samuel Luiz en A Coruña a mans dun grupo de mozos que o golpearon  ata  matalo.  Fontes  da  investigación  admiten  que  non  está  pechada ningunha das hipóteses do homicidio, pero, o feito de que as testemuñas da agresión sinalen o berro de “maricón” dalgún dos agresores mentres golpeaban a Samuel Luiz, introduce un elemento homofóbico durante a mesma que non podemos obviar.

En Galicia, a Lei 02/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais foi o avance máis importante dado nas institucións a nivel autonómico. Sen embargo, a pouca dotación orzamentaria e de desenvolvemento da mesma a través de recursos e ferramentas institucionais diminuíu a eficacia da súa aplicación. Un dos seus recursos fundamentais, O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, non foi activado ata finais de 2018, e só nos últimos días vén de aprobar o seu regulamento de funcionamento. Galicia tampouco se dotou de ningunha Lei Trans, como así o fixeron outras comunicades autónomas, a pesar de que os colectivos galegos fixeron unha proposta de lei que foi rexeitada pola maioría parlamentaria do Partido Popular no ano 2017. A boa labor das asociacións en prol dos dereitos LGTBI contrasta coa pasividade institucional á hora de abordar os retos cara unha igualdade real e efectiva do colectivo.

Á par disto, en todo o estado vemos que, tal e como ocorre noutros países europeos, o avance de propostas políticas de ultradereita coincide coa aparición de discursos en contra dos dereitos das persoas LGTBI, os colectivos e as políticas que se veñen aplicando para transformar a nosa nunha sociedade máis xusta, libre e diversa. Converténdose o chamado “pin parental” no símbolo reaccionario contra aquelas políticas que apostan pola educación como a ferramenta fundamental para a igualdade efectiva e a non discriminación das persoas LGTBI+. Como sociedades do século XXI temos a responsabilidade de afrontar os retos da convivencia de maneira colectiva. Toca reflexionar e avaliar o momento que estamos a vivir tamén dende as institucións, poñendo todas as ferramentas e recursos cos que contamos para implicar ao conxunto da veciñanza, comunidade educativa, axentes sociais e organismos públicos nesta tarefa.

Por todo o anterior, dende o Círculo de Podemos no Carballiño propoñemos ao pleno da corporación de O Carballiño os seguintes

ACORDOS

Instar ao Concello de O Carballiño a:

1.  Manifestar o compromiso da corporación cos dereitos das persoas LGTBI+ e na erradicación da LGTBIfobia.

2.  Deseñar, en colaboración cos colectivos e entidades LGTBI e asociacións de hostaleiros, unha campaña cuxo enfoque sexa o dun “ocio nocturno inclusivo e libre de violencia LGTBIfóbica”.

3.  Promover o diálogo entre instancias públicas, comunidade e escola co obxecto de dinamizar accións conxuntas fronte á prevención da violencia, co fin de evitar os delitos de odio.

4.  Promover proxectos de intervención preventivos no ámbito escolar habilitando recursos para levar a cabo as iniciativas consistentes en realización de charlas, obradoiros, elaboración de material didáctico, material especializado (libros de lectura, manuais,….).

5.  Deseñar un plan de charlas sobre as diversidades afectivo-sexuais nos centros de ensino.

6.  Realizar campañas gráficas que promovan o respecto ás diversidades para a súa exposición en centros de ensino, instalacións deportivas, transporte público e espazos frecuentados pola mocidade.

7.  Crear un punto de información LGTBI a través dos seguintes eixos:

     Garantir  o  acceso  á  información  e  o  acompañamento  das  persoas LGTBI.

     Promoción dos dereitos das persoas LGTBI a través de actividades culturais, campañas informativas, charlas, etc.

     Formación.

     Fomentar o coñecemento e facilitar o acceso das persoas ao punto de información LGTBI, tanto de maneira presencial como a través de ferramentas dixitais.

     Actuar  como  punto  de  conexión  entre  os  colectivos,  fomentando  a relación entre as entidades LGTBI que traballan no noso concello e facilitando a realización das actividades que desenvolven estes colectivos.

8. Impulsar e traballar xunto a outros concellos na creación dunha Rede Intermunicipal LGTBI de Galicia coa finalidade de compartir experiencias, crear sinerxías e sumar vontades na defensa dos dereitos das persoas LGTBI+.

Instar ao Parlamento de Galicia a:

9.  Comprometerse co cumprimento dos obxectivos da Lei 2/2014 dotándoa de recursos para o desenvolvemento e aplicación da mesma dende a prevención educativa e comunitaria.

10. Dotar aos concellos de recursos para o desenvolvemento e aplicación a nivel municipal da Lei 2/2014 de tal modo que todos poidan implantala de maneira efectiva.

11. Activar e dotar de recursos ao Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para que se converta nunha ferramenta realmente efectiva.

12. Realizar, en coordinación co Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, un estudo que reflicta a evolución dos delitos e agresións LGTBIfóbicas en Galicia durante os últimos anos.

13. A elaboración a partir do traballo conxunto cos colectivos LGTBI dunha Lei Trans de ámbito galego.