Afundación TV emite hoxe unha charla sobre as emocións na etapa de madurez e como inflúen na saúde

IES CHAMOSO LAMAS

As dúas especialistas en psicoloxía xerontolóxica de Matia Instituto, Pura Díaz-Veiga e Sara Marsillas, abordan a importancia das emocións na saúde das persoas especialmente na etapa de envellecemento

A charla enmárcase no programa «Coñecendo as emocións», que acaba de finalizar a súa edición 2021-2022 na que colaboraron as asociacións de familiares de Alzhéimer de Galicia (AFAGA), de Pontevedra (AFAPO), de Monforte (AFAMON), de Ourense (AFAOR) e AFA Viveiro, ademais da Asociación Contra o Cáncro de Ferrol

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Afundación TV, emite hoxe, martes 31 de maio ás 19.00 h o coloquio «O que as emocións nos ensinan para vivir mellor». Nel, as especialistas en psicoloxía xerontolóxica de Matia Instituto, Pura Díaz-Veiga e Sara Marsillas, abordan a importancia das emocións ao longo da vida e, en especial, no envellecemento, sobre as súas funcións e sobre como podemos utilizalas como recursos para que nos axuden a vivir mellor. 

A charla está enmarcada no programa «Coñecendo as emocións», que acaba de finalizar a súa primeira edición tras se desenvolver nos espazos +60 Afundación de 10 localidades galegas en colaboración con Matia Instituto. O acceso é libre e gratuíto, previo rexistro en próximos directos de Afundación TV ou directamente na emisión no momento do seu inicio.