A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en réxime de alugamento no concello da Peroxa

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado da Xunta, acompañado do alcalde da Peroxa, fixo entrega  esta mañá das chaves á arrendataria

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • Manuel Pardo explicou que a persoa beneficiaria xa se pode instalar na vivenda, e enmarcou esta actuación dentro das diferentes liñas de axudas que a Xunta impulsa para facilitar o acceso da cidadanía galega á vivenda
  • Tamén lembrou que todas as persoas interesadas en acceder a este recurso deben inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite que ten aberto o prazo durante todo o ano

Ourense, 2 de novembro de 2026.– O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Manuel Seoane, fixo a entrega esta mañá das chaves á nova inquilina dunha vivenda en réxime de alugueiro na rúa Urbanización Villermá, no concello da Peroxa. A vivenda conta cunha superficie de 90 metros cadrados e dispón tres dormitorios ademais de garaxe e rocho.

Durante a visita, Manuel Pardo salientou que a persoa beneficiaria, que xa se pode instalar na vivenda, pagará unha renda mensual en función dos ingresos; e enmarcou esta actuación dentro das diferentes liñas de axudas que a Xunta impulsa para facilitar o acceso da cidadanía galega á vivenda.

O representante autonómico apuntou que cando un domicilio queda vacante, axilízanse os trámites para poñelo á disposición dun novo usuario. Neste senso, sinalou que todas as persoas interesadas en optar a este recurso deben inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite que ten o prazo aberto durante todo o ano.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Para concluír, o delegado da Xunta lembrou que o Goberno galego ten abertas dúas  convocatorias de axudas para facilitar o acceso á vivenda. Así, o 16 de novembro remata o prazo para solicitar apoios para a compra ou autopromoción de vivendas por parte de persoas menores de 36 anos en concellos de ata 10.000 habitantes e o 30 de novembro o do Bono de Alugueiro Social.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------