Moción do PP sobre a aprobación das subvencións de asociacións e clubes do concello do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

MOCIÓN DO PARTIDO POPULAR SOBRE A APROBACIÓN DAS SUBVENCIÓNS DE ASOCIACIÓNS E CLUBES DO CONCELLO DO CARBALLIÑO
Exposición de Motivos:
O Concello do Carballiño concede subvencións todos os anos para o funcionamento das Asociacións do concello do Carballiño. Estas Asociacións levan o peso da maioria de actividades do Concello, dende a Cultura, Deporte, Festas, Veciños e demais; e son os que traballan mais e mellor polo Carballiño.
Neste grupo están todas as Asociacións Culturais que fan dinamica a vida cultural do Concello, con actividades moi variadas como o Cine, Teatro, Fotografía, Exposicións, Semana Santa, ect…

As asociacións Veciñais con todas as parroquias e as súas actividades, son moi necesarias no noso rural abandonado.
As Asociacións deportivas co Arenteiro á cabeza, balonmán, patinaxe, fútbol sala, ciclismo, ect..
Gracias a todas ellas, O Carballiño é un referente en turismo e deporte, dinamizando da vida diaria dos nosos veciños; O Concello deixou a maioria das suas obligacións nestas asociacións; de aí a importancia que teñen para o noso pobo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Polo que solicitamos :
Que se aprobe a Concesión de subvencións a todas as asociacións e clubes deportivos do Carballiño o antes posible
1º.- Que se axude a estas asociacións no seu día a día e que o Concello non sea un mero actor de presentar as actividades.
2º.- Que se estude a posibilidade de facer as subvencións competitivas como se fai en todas as adminitracións para o ano que ven; e que non sexan todas a dedo do Señor Alcalde.
3º.- Que non se baixe o importe das subvencións aos diferentes grupos e, se se pode subilas.