A Deputación aproba axudas de cooperación por importe de 250.000 € con entidades e concellos

Videoconferencia da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (ViceSecretario Deputación Ourense).

 A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, axudas de cooperación con entidades e concellos da provincia por importe de 250.120 euros. En concreto, aprobouse unha achega de 28.000 euros para a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia destinada aos gastos de funcionamento correspondentes aos anos 2019-2020. Para o Colexio de Economistas de Ourense aprobouse unha axuda de 12.000 euros para o portelo único empresarial – COVID 19, e a Confederación Empresarial de Ourense recibirá unha axuda de 75.000 euros para os gastos de funcionamento 2020: Plan Exportou. 

Publicidade

No relativo á cooperación cos concellos aprobáronse dúas axudas: unha de 45.120 euros para o Concello de Cortegada destinada ao depósito de auga en Valongo: construción de depósito de abastecemento en Cortegada; a segunda axuda foi para o Concello de Chandrexa de Queixa, por importe de 90.000 euros, para a execución da obra “Poboado de Chandrexa”.