O Bng denuncia o desmantelamento do transporte público colectivo terrestre en Ourense e Galiza

IES CHAMOSO LAMAS
Bernardo Varela denuncia que a Xunta e o Estado están  desmantelado liñas e frecuencias de autobús e ferrocarril sen ofrecer ningunha alternativa de mobilidade sostíbel á veciñanza 
Bernardo Varela, voceiro do Grupo provincial do BNG compareceu en rolda de prensa para presentar a moción que levará ao pleno o grupo nacionalista na Deputación de Ourense.
Os nacionalistas poñen o foco no continuo desmantelamento des servizos públicos de transporte colectivo que padece toda Galiza e que afecta moi sensiblemente á provincia de Ourense. “Estámonos a referir , por unha banda das reiteras queixas a respecto do transporte ferroviario que ten sido abandonado polos gobernos centrais do PP e do PSOE coa complicidade da Xunta de Galiza” declaraba Varela, que continuou dicindo “estamos falando dese Avant que todos os días saía ás 6:45 de Ourense e que xa non circula desde fai tempo, o desmantelamento das diferentes liña e paradas de tren na nosa provincia como Ribadavia, O Barco de Valdeorras” Porén o voceiro nacionalista indicou que desta volta cumpre centrarse tamén nas consciencias do “Plan de Trasporte Público de Galicia” da Xunta e na nova Lei de Mobilidade Sostíbel do Mitma que afectan ás liñas de autobuses que percorrer e articulan a provincia de Ourense.
O proxecto do Mitma ven a eliminar varias paradas e liñas de bus interautonómicas no País e concretamente as Ribadavia, Allariz, Riós, Trasmiras, a Mezquita e A Rúa no que respecta a Ourense, afectando a unha poboación de 136.000 residentes, ademais dos potenciais visitantes.  Estes recortes lévanse a cabo mesmo incumprindo os propias criterios e principios do anteproxecto que dí “dar soluciones de movilidad en entornos rurales o de baja densidad de población”, ante o que Varela valorou que “eliminar paradas e liñas sen establecer medidas alternativas, non semella que se estén cumprindo os parámetros para entornos rurais, que sen embargo si apunta maneiras para as grandes cidades, onde mesmo se fala de aportacións económicas para garantir a mobilidade”
 Somos conscientes da necesidade de adaptar as liñas de transporte ás novas realidades, pero o que non podemos consentir como representantes da cidadanía da provincia de Ourense, é que as solucións aportadas tanto pola Xunta de Galiza polo goberno do Estado sexan a redución servizos, cando non a súa directa eliminación. 
 Así desde o grupo nacionalista demandan o mantemento de todas as paradas e liñas existentes até que se atope unha alternativa de mobilidade para os concellos do rural, e a adecuación desta á realidade galega polo que é preciso que se faga en coordinación coa Xunta de Galiza e que o Estado transfira á Xunta  a xestión das paradas e frecuencias en territorio galego. 
Neste memo sentido o BNG demanda á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o mantemento das liñas de transporte e as súas frecuencias nas condicións en que se prestaban antes da recente aprobación do “Plan de Trasporte Público de Galicia”. Ou a dar solucións alternativas os usuarios que as estaban a empregar nas mesmas condicións de frecuencias e costes.

Os nacionalistas tamén reiteran unha serie de demandas en temas  ferroviarios  que son cruciais para a provincia de Ourense, como recuperar o Avant das 6:45 entre Ourense e A Coruña que os nacionalistas voltan a reclamar no pleno do ente provincial. “Está ben se hai bonificacións ou se é gratuíto, pero o primieiro de todo é que volte a existir” díxo Varela.  As dúas declaracións institucionais no mes de outubro arredor das problemáticas ferroviarias, continúan a ser desoídas, razón pola que o BNG volta a levar a pleno a necesidade de que a Deputación reitere estas demandas. 

 Desde o Grupo Provincial do BNG insistese na necesidade de que a Xunta de Galiza asuma todas as competencias en materia de ferrocarril interior e ó Estado a realizar a dotación orzamentaria precisa para elo, tal como se fixo en outros territorios do Estado. Para elo o BNG insta á creación dunha operadora ferroviaria pública galega “Galtren” a través da cal pór en marcha un servizo de trens de cercanías, recuperando as liñas abandonadas, mantendo e aumentando liñas, frecuencias e paradas, e creando novos apeadeiros en zonas de crecemento poboacional.

Sen esquecer demandar solución para os problemas de liñas e frecuencias ferroviarias que padecen diversas comarcas da provincia de Ourense, como a de Valdeorras para a que crucial a recuperación inmedita das estacións de ferrocarril da Rúa/Petín e o Barco de Valdeorras e atención presencial en ambas estacións, a conexión entre Valdeorras e Ourense por ferrocarril con prezos e fecuencias dignas, sen esquecer a necesaria recuperación do Alvia nocturno que conectaba con Barcelona así como do resto de frecuencas e traxectos eliminados de xeito paulatino nos últimos 10 anos. Ou a necesaria execución da variante SUR que uniría o corredor temático galego co norte de Portugal e que tamén demanda o goberno portugués