Reforzos para a Policía Local

NOS MESES DE XULLO E AGOSTO O CARBALLIÑO CONTARÁ CON 26 EFECTIVOS DA POLICÍA LOCAL

O envío do reforzo con seis auxiliares de policía durente seis meses que realiza a Academia Galega de Seguridade, retrasouse o mes de xaneiro e non chegaron ata marzo. Isto suporá o solapamento de doce policías auxiliares durante case dous meses cando chegue o seguinte reforzo o vindeiro mes de xullo. Se contamos cos trece axentes de policía e o administrativo que xa hai, chegaremos a ter 26 efectivos durante os meses centrais do verán. Ainda que quizáis poda parecer innecerario xa que as actividades culturais e a Festa do Pulpo están no aire, a realidade é que o cambio radical na situación que estamos a vivir con novas normativas cada pouco tempo fan necesaria unha maior presenza policial. Así o asegura Francisco Valeiras, o Xefe da Policía Local que di que a pesar de que cando se xunte o maior número de efectivos as dependeciais policiais e a flota de vehículos quedarán pequenas, o reforzo será ben recibido porque a carga de traballo non será nin moito menos pequena.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO