As Xornadas pola Ciencia do Carballiño puxeron fin as charlas ca intervención de onte do cardiólogo, docente e investigador, Eduardo Barge, que ofreceu a conferencia “A investigación no Servicio Galego de Saúde”. Para Barge, sen ciencia non habería avances, polo que considera fundamental seguir apoiando a realización de xornadas coma estas.
O Concello e os representantes dos centros educativos uniron esforzos para organizar esta iniciativa, que tivo lugar durante toda esta semana, con charlas e actividades nos institutos.