A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


O recente falecemento de Xosé Antón García Cotarelo, figura importantísima na construción da autonomía galega, tráeme á memoria as moitas conversas que mantivemos mentres permaneceu depempeñando o cargo de Secretario Xeral Técnico e de Relacións Institucionais  da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Chegou a Compostela en 1982 e fóise en 1990. Durante este período de tempo puxo en pé a organización da administración autonómica dotándoa de alma galega. Foi un gran negociador  coa administración central para acadar transferencias.

Nunca se lle recoñeceu o seu  traballo de arquitecto da complexa andamiaxe organizativa da autonomia galega. A algúns parecenos unha inxustiza que temos que reparar. Por esta razón a Asociación de Funcionarios para a Normalización  Lingüística, da que formou parte, foi ao rescate dunha biografía nunca ben valorada para formar parte da memoria da institución autonómica, promovendo algúns actos como o do nomeamento de Fillo Predilecto do Concello de A Pontenova onde nacera e tiña casa aberta con fume. Tamén solicitamos para el o recoñecemento público outorgándolle a Xunta de Galicia calquera das medallas que anualmente concede.

Penso que é importante que sinale algúnhas das súas afortunadas mediacións para o robustecemento do noso patrimonio identitario:

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

1) A publicación monolingüe do DOG, descartando o modelo da dobre columna, en castelán e galego. Esta foi unha teima reiterada pola AFNLG para que o funcionariado se fose  avezando no uso da lingua galega nos procedementos administrativos. Tres días despois o Parlamento de Galicia, seguindo tamén o pedimento da AFNLG, publicou a súa edición monolingüe do Boletín Oficial.

2) Cando o Servizo de Normalización Lingúística do Concello de Redondela lanzou a proposta de galeguización das festas populares, incluíu no catálogo de medidas a interpretación do Himno Galego no momento da consagración das misas patronais, privilexio reservado deica entón ao himno español. A execución da partitura que facían as bandas de música tiña modalidades que lle restaban marcialidade. O compositor Rogelio Groba, daquela director da Banda Municipal da Coruña, fixo a instancias de Pepe Cotarelo os arregros orquestrais pertinentes. Cando escoito en lugares tan solemnes a interpretación do noso Himno, e asi fareino sempre, lembrareime emocionado de Pepe Cotarelo.

3) Cotarelo puxo en marcha os servizos lingüísticos da Xunta de Galicia que logo imitou o Parlamento de Galicia.

4) Creou o Servizo de Publicacións da Xunta de Galicia no que publicou unha colección de “Clásicos en galego”, dedicada á tradución ao galego de textos latinos. A el débeselle a tradución das Elexías de Tibulo.

O derradeiro correo electrónico que conservo del é do 11 de xaneiro. Nel dicíame : “Agora mándoche a tradución dos Epodos de Horacio. O limiar está sobrecargado de tecnicismos e mesmo de pedanterías. Prescinde dos apartados dedicados á métrica e díme a túa opinión da tradución. E, por favor, sinalame os posibles fallos no galego”. Así de humilde era Pepe Cotarelo.

A derradeira vez que falamos telefonicamente foi polo San Xosé. Deixoume saudades. Mesmo fixaramos unha data para irmos xantar a un restaurante de Barbeitos, no Concello da Fonsagrada, e pasar uns días comigo e a miña filla en San Martín de Suarna.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Deixounos escrita a súa manda testamentaria que eu lle pedira para o libro  “En galego, agora e sempre”. Velaquí un parágrafo: “E porque pasei tantos anos fóra da terra que me criou, mándolles tamén aos meus herdeiros que se conserven fieis a Galicia e á súa fala, se é que pensan que esa foi a miña dignidade,e que contribúan, por amor a Deus e dos homes, nosos irmáns, a coñecer os problema da terra e querela nas súas glorias e desgrazas, sen partidismos e mirando pola xustiza e pola liberdade dos homes,e sempre afastados do dogmatismo ou dunha cruel paixón”.

Pepe Cotarelo falaba galego porque pensaba en galego. Esta é a definición máis acaída para explicar o seu amor pola lingua. Alguén haberá que algún día perpetúe a súa memoria na sede da Xunta de Galicia. Ten méritos abondos para que asi sexa.

* Presidente do Foro E. Peinador.


Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------