O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a deputada Montserrat Lama amosan “acordo total” para cooperar e dar estabilidade ao goberno provincial

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Montserrat Lama Novoa acompañados polo VicePresidente da Deputación Ourense, Plácido Álvarez Dobaño.
Publicidade ASPADISI

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co voceiro do grupo de goberno da institución provincial, Plácido Álvarez, e coa deputada provincial non adscrita, Montserrat Lama, xuntanza de traballo na que se analizaron os temas que van ser obxecto das comisións informativas e do pleno do presente mes de febreiro. “Esta cooperación –valora Manuel Baltar- garante a estabilidade ata o final do mandato e aglutínase nunha expresión: “Por Ourense”, que se traduce en estabilidade, rigor e traballo ben feito, partindo sempre dun diálogo que se ofreceu a todos os grupos, a todos os deputados, e para o cal Montserrat Lama soubo estar á altura das circunstancias”, expresa o presidente Baltar.