ONTE NO PLENO DO CONCELLO DO CARBALLIÑO, O GOBERNO LOCAL PRESENTOU AS BASES DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA PEMES E AUTÓNOMOS E ANUNCIOU QUE NON SE REABRIRÁN OS PARQUES INFANTÍS ATA QUE REMATE A ÉPOCA TURÍSTICA E MERME A AFLUENCIA DE XENTE
Durante a sesión plenaria aprobouse o convenio ca Confederación Hidrográfica Miño-Sil mendiante o cal se efectuarán actuacións de mellora no paseo do río Arenteiro. Ademáis, aprobouse por unanimidade o acordó de ceder un local por 75 anos á asociación de ASPADISI ademáis de premiar a súa actividade e labor.
Ademáis, por petición do bloque nacionalista o goberno local comprometeuse a poñer freno ó cobro de comisión abusivas por parte da entidade Abanca e por proposta de Espazo Común a posta en marcha completa do programa antiincendios. Por parte do PP debateuse a petición de pedir a cesión de Villarino por denunciar a ilegalidade das bases da Deputación.
O primeiro punto candente da xorna foi que o gobernó local trouxo a este pleno as bases de axuda económica para pemes e autónomos.
O PP amosa a súa disposición a que se aproben as que presentaron eles, alegando que a proposta do PSOE non se poderá facer efectiva para os cidadáns por causas de tramitación ata o mes de outubro.
BNG reclama que se puido facer antes. Estamos despois de tres meses votando se son mellores as do PP ou as do PSOE cando o que se necesita e que saian adiante. Podían aprobarse sen necesidade de tráelas a pleno.
Espazo Común criticou a adxudicación para a elaboración destas bases a unha empresa de Vigo por un custe de máis de 17.000, reclamando que podería haberse contado cunha empresa local.
Outro punto de debate da corporación foi a polémica polo mantemento dos parques infantís sen actividade, ó que o goberno local respostou que a decisión que tomar é a de non permitir o seu uso ata que a alfuencia de turistas e de xente merme e se reduzca o risco de contaxio.