Apoio ás traballadoras da limpeza da Universidade: Concentración o mércores 3 de marzo, de 10 a 10:30 diante do Edificio de Ferro

IES CHAMOSO LAMAS

As traballadoras de SAMYL S.A., empresa concesionaria do servizo de limpeza do Campus Norte, levan varias semanas mobilizándose para reivindicar que a empresa reforce persoal e se cumpran realmente as horas de limpeza estipuladas no prego de condicións técnicas. Na actualidade fan un total de 473 horas semanais, cando o establecido no prego é de 650,50 horas.

Máis aínda, a limpeza nos edificios públicos estase a incrementar para combater mellor a pandemia. Pois neste caso é xustamente á inversa.

HIPER MASIDE

E todo isto coa complicidade necesaria da Universidade, que en lugar de velar pola prevención e esixir da empresa reforzar o servizo, permite este intolerable recorte.