O Museo do Viño acollerá o 16 de novembro a 5ª edición das xornadas ‘Falemos do futuro da vitivinicultura galega’

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado da Xunta, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación das ‘V Xornadas Falemos do Futuro da Vitivinicultura Galega’, organizadas pola Museo do Viño de Galicia, que se desenvolverán en Santo André de Camporredondo o vindeiro 16 de novembro, co gallo de transmitir e  promover a cultura vitivinícola de Galicia, axudando a posicionar o territorio galego entre os destinos enoturísticos máis importantes do  mundo.

Na presentación, que contou coa presenza da directora do Museo do Viño, María del Pilar Núñez, o delegado da Xunta salientou a importancia dos relatores que participarán na xornada como é o caso dos profesionais e divulgadores, Miguel Crunia e Susie Barrie and Peter Richards.

Manuel Pardo aproveitou  esta presentación  para pór en valor o apoio da Xunta a este sector estratéxico pola súa contribución económica, á creación de emprego e ao desenvolvemento rural. Neste sentido, destacou as liñas de axuda á reestruturación e reconversión do viñedo, á transformación e comercialización dos produtos vitivinícolas e á promoción en terceiros países, así como as medidas específicas para a conservación da paisaxe.

Así mesmo, salientou o protagonismo do viño dentro da calidade diferenciada galega, con cinco denominacións de orixe e cinco indicacións xeográficas protexidas que identifican e protexen producións vinculadas ao territorio e ás variedades tradicionais. Neste ámbito, destacou tamén o apoio da Xunta á estrutura e organización do sector, mediante axudas ao funcionamento dos consellos reguladores, ao control e certificación da calidade e á promoción dos produtos amparados.

No eido promocional, subliñou a aposta pola internacionalización e a procura de novas oportunidades comerciais, lembrando que os viños galegos con calidade diferenciada forman parte de Aquí Sabemos, a marca que engloba a estratexia de promoción dos Alimentos de Calidade Diferenciada de Galicia, para reforzar o seu recoñecemento entre os consumidores e poñer en valor a súa calidade, orixe e autenticidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------