Villarino enxalza o compromiso co feminismo e o progreso como sinais de identidade da militancia socialista no Ribeiro

Publicidade ASPADISI

O candidato á Secretaría Provincial do PSdeG-PSOE lembrou o cambio de rumbo
experimentado no consistorio co nomeamento da socialista Noelia Rodríguez Travieso
como primeira alcaldesa na historia da democracia en Ribadavia

O candidato socialista á Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, enxalzou hoxe, nun encontro coa militancia en Ribadavia, o
compromiso co feminismo e o progreso como sinais de identidade do PSdeG-PSOE na comarca do Ribeiro, e lembrou o cambio de rumbo experimentado no consistorio co nomeamento dunha socialista tan comprometida co feminismo, como Noelia Rodríguez, ao fronte da alcaldía.
Na reunión coa militancia convocada na Casa do Pobo da capital do Avia, Villarino destacou a tradición socialista nesta bisbarra “pois foi o primeiro lugar do Estado onde se proclamou a II República, na noite do 12 de abril de 1931, concretamente na localidade de Francelos, e está a ser, hoxe en día, con Noelia Rodríguez, a primeira alcaldesa da historia da democracia en Ribadavia, un referente do feminismo e da defensa dos dereitos das mulleres e homes socialistas”.
O candidato socialista tamén agradeceu o traballo e compromiso de Nacho Gómez, vicevoceiro na Deputación de Ourense e concelleiro na vila, así como dos restantes integrantes da corporación municipal socialista, “que apoiaron a Noelia como rexedora de Ribadavia, unha compañeira competente que pon en valor, día a día, o compromiso coa igualdade dos socialistas e o papel das mulleres no avance cara unha sociedade moderna”.
Villarino agradeceu as palabras de presentación e apoio por parte de Noelia Rodríguez e Nacho Gómez e animounos a loitar “para que a bandeira socialista siga ondeando en Ribadavia e, a partires destas primarias, podamos lograr máis alcaldías socialistas na provincia de Ourense e acadar, por fin, o goberno da Deputación, superando a discriminación dos concellos que non se someten ao caciquismo dunha saga familiar”.
Pola súa parte, a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, destacou que estas primarias “están a ser un proceso de respecto por parte dos dous candidatos e agardo que o domingo a militancia se anime a participar, que o candidato que salga elixido encare con ilusión a Secretaría Provincial, e faga medrar a nosa provincia para que o triunfo sexa para todo o PSdeG-PSOE e para toda a provincia, por enriba de intereses persoais e grupais”, concluíu

HIPER MASIDE