A agrupación municipal do Psdeg-Psoe de Ourense celebra o aniversario da súa fundación hai 127 anos

As e os socialistas están chamados ese día, ás 20 horas, a unha charla que con tal motivo se desenvolverá na sede do partido, Rúa Ribeira de Canedo, 24, e que abordará a historia e futuro do mesmo

Participarán Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria e Dereitos Humanos da CEM; Francisco Javier Quintas, historiador; Alba Iglesias, secretaria de XX.SS. de Ourense; Natalia González, secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade, entre outros

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 16 de setembro de 2023. O vindeiro martes, 19 de setembro, o socialismo ourensán conmemora o 127 aniversario da primeira Agrupación Municipal do PSOE na cidade, coincidente coa presenza de Pablo Iglesias Posse.

As e os socialistas están chamados ese día, ás 20 horas, a unha charla que con tal motivo se desenvolverá na sede do partido, Rúa Ribeira de Canedo, 24, e que abordará a historia e futuro do mesmo e na que participarán Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria e Dereitos Humanos da CEM; Francisco Javier Quintas, historiador; Alba Iglesias, secretaria xeral de XX.SS. de Ourense; Natalia González, secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade, entre outros.

As persoas participantes falarán sobre a historia do movemento na cidade e a súa progresiva implantación na provincia ata o golpe de Estado de 1936, facendo especial fincapé na postura crítica que ten e debe ter a mocidade na súa loita por unha sociedade máis inclusiva e equitativa.