O goberno desestima as alegacións e aproba as modificacións fiscais

A corporación do Carballiño reuniuse hoxe no último pleno deste ano. Entre os puntos da orde do día destaca a probación das ordenanzas fiscais de xeito definitivo, xa que o goberno local desestimou na súa totalidade as alegacións presentadas.  

A oposición critica que no caso do convenio que regula a tramitación de multas derivadas do incumprimento das medidas da Covid-19, o concello trae o convenio no último día con moitas dúbidas sen resolver. Piden que exista a seguridade de que non se vai a pagar dúas veces, por este motivo abstivéronse todos menos o grupo de goberno.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ó regulamento dos plenos, o goberno local asegura que é un documento base aberto a modificacións e convida á oposición a facer alegacións ó mesmo.

Espazo Común asegura que o que trata é de silenciar o traballo da oposición. BNG e o PP concordan en que non habería que recortar tempos nin intervencións se o goberno respostase ás preguntas a tempo e de forma clara.