Presentación do ” DEPOR CAMPUS CABREIROÁ-Terras de Maside “

Coa presenza do director das escolas do Depor, o Director Tácnico da Escola Deportiva Terras de Maside, o alcalde e presidente e secretaria da ED Terras de Maside, fíxose a presentación do 1º Campus deportivo de base Terras de Maside.

Realizarase nas instalación do campo municipal de Maside do 10 ao 14 de agosto para menos e nenas de 6 a 14 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A inscripción faráse na páxina da fundación do depor e terán precios especiais para os asistentes que pertenzan a escola de Maside.

A este respecto o alcalde da vila manifestou que ningún neno de Maside que queira participar, quedará fora por motivos económicos.

Como non podería ser doutra maneira as medidas de seguridade serán superiores ás que ordena a Xunta. Faranse grupos reducidos con cada monitor.

A organización espera contar con un número aproximado de 30 participantes mínimos contando que esta é a primeira edición e despois do confinamento.