Teatro para mañá sábado e obradoiros para os máis pequenos en Semana Santa

SARABELA TEATRO  ofrecerá mañá sábado a súa obra “A LINGUA DAS BOLBORETAS” ás 19:30 h no Auditorio Manuel María con entrada de balde. O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

Pensando nos máis pequenos e nas vacacións de Semana Santa, a próxima semana haberá obradoiros para eles, a partir das 18:00 horas na Praza Maior. O luns será de ovos chocos, o martes o semáforo dos xogos loucos e o mércores chocolandia.

AVANTAR ACTIVIDADES