A Policía esclarece un incendio en Celanova do pasado 27 de maio

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello ourensán de Celanova, que se produciu o pasado xoves 27 de maio, no lugar da Ramallosa, na parroquia de Santa María de Fechás.

O lume orixinouse debido a un escape de queima de restos agrícolas que o presunto autor estaba a realizar sen adoptar as debidas medidas de precaución, o que provocou que se propagara polo resto da finca, lindante con superficie forestal e afectando a 0,03 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción requiriuse a intervención dun axente e unha motobomba.

No que vai de ano, o Grupo de Incendios da Policía Autonómica investigou a 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

PUBLICIDADE ELECTORAL