O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso repite o filme para toda a familia de “Patrick”, unha valente e adorable bolboreta dunha soa ala chamada Patrick escóndese nun remolque para facer a viaxe da súa vida. Co seu mellor amigo, unha eiruga chamada Marty, e Jennifer, unha bolboreta que teme as alturas, Patrick converterase nun heroe inesperado. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas.
Por outra banda, estrea “The color purple”. En 1909, Celie, unha moza negra estadounidense, é casada polo seu pai abusivo a un granxeiro local, Albert, que a trata con crueldade. Celie pidelle a Deus e a súa liberación vén en forma de cantante de jazz. Adaptación da novela de Alice Walker sobre as loitas dunha muller afroamericana a principios do século XX. –Poderase ver o venres ás 20:00 horas e o sábado e o domingo ás 17:30 horas e ás 20:00 horas.