Noa Presas: “Aproveitaremos as 24 horas dos días que restan até o 12X para inclinar a balanza e conseguir un novo Ourense”

IES CHAMOSO LAMAS

A formación nacionalista abre a campaña electoral convencidas de que é posíbel “un cambio político galego” liderado pola primeira muller na presidencia da Xunta de Galiza

AUDIO NOA PRESAS

HIPER MASIDE

. A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, deu inicio á campaña electoral arroupada por militantes e simpatizantes do BNG. Preas comezou animando a participar nestes “quince días intensos de campaña” onde a formación nacionalista proponse percorrer toda a circunscrición para dar a coñecer a súa proposta de goberno e liderar o “cambio político que precisa o país” coa primeira muller presidenta da Xunta de Galiza.

A formación nacionalista deu arranque a súa campaña electoral no tradicional espazo do parque de San Lázaro onde a cabeza de lista colocou o primeiro cartel electoral. Presas sinalou que comezan a campaña “con ilusión e con enerxía” convencidas de que é posíbel un cambio político en Galiza e onde as condicións se dan para que “o BNG poida liderar a alternativa a once anos de Núñez Feijóo e abrir un tempo novo”.

“Estamos convencidas de que Ourense vai ser unha praza importante na que o BNG vai xogar un papel determinante” destacou Noa Presas. Asemade, a cabeza de lista afirmou que o medre do BNG nos comicios do vindeiro 12 de xullo “suporá a perda da maioría absoluta do Partido Popular” .

Así mesmo, a candidata mostrouse confiada na posibilidade de que o BNG poida liderar o cambio político da man da primeira presidenta na historia do país. Unha candidata, Ana Pontón, que tamén pasaría a ser a primeira presidenta nacionalista que convidou a “facer historia o 12X e comezar a construír unha nova Galiza”. Desde o BNG sinalaron que é preciso “un goberno que se faga valer”

Candidatura do Ourense que non se resigna

“Esta é a candidatura das persoas que pensan que Ourense merece máis” destacou Presas ademais de afirmar que aproveitarán, desde a súa organización, cada unha “das 24 horas de cada día dos que restan até o 12X para inclinar a balanza e conseguir un Ourense novo e unha nova Galiza”.