Belén González gañadora do premio ” Ana López ” e a súa titora Nani Blanco falannos do premio

O PREMIO “ANA LÓPEZ” A MELLOR ACTIVIDADE INVESTIGADORA DE ENFERMERIA FOI PARA BELÉN GONZÁLEZ, ENFERMEIRA NO CENTRO DE SAÚDE DO CARBALLIÑO

O ” Premio Ana López a mellor actividade investigadora para residentes de Medicina e de Enfermería Familiar e Comunitaria naceu no ano 2010 para fomentar a excelencia nunha adecuada combinación da docencia e a investigación. Para capacitar así a futuros especialistas e continuar o proceso educativo de forma permanente. E para apoiar o labor do investigador dende o seu periodo formativo como médico ou enfermeiro de familia. Cando se creou este premio únicamente se outorgaba a residentes de medicina pero dende hai dous anos tamén se premia aos residentes de enfermería. O ano pasado tamén recibiu o premio Ana López unha enfermeira do servizo do Carballiño, Miriam Cedrón.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Belén González, a residente premiada deste ano, fixo a formación no Carballiño e ven de rematar a residencia. Unha formación que se viu afectada polo inicio da pandemia, de feito, Belén González foi a responsable do estudo de seroprevalencia de covid19 realizado o pasado mes de abril.

Nani Blanco, a titora de Belén durante a súa residencia destacou a importancia de que teñamos no Carballiño un centro docente tanto de enfermería como de medicina.