O novo polígono industrial sométese a avaliación ambiental

O Instituto Galego da Vivenda e Solo solicitou na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o inicio do procedemento de avaliación ambiental do novo polígono do Carballiño e Maside. Antes de emitir o documento, o órgano ambiental debe consultar ás administracións públicas afectadas.

Ambos concellos deberán dar traslado das observacións nun prazo máximo de trinta días hábiles.

AVANTAR ACTIVIDADES

As grandes afeccións que presenta a área empresarial son sobre unha liña de subministración de enerxía eléctrica de 132 kV, sobre a liña de ferrocarril de alta velocidade, sobre a estrada autonómica OU-504 e sobre o regato do Varón, deixando neste caso unha banda de protección de zona verde polo estudo de risco de inundación.