O concello do Carballiño ultima os preparativos para a apertura das piscinas municipais. A espera da validación da auga por parte de Sanidade e das condicións meteorolóxicas que prognostican choivas para esta fin de semana, a súa apertura podería aprazarse ata a vindeira semana. Este ano, a xestión está sendo a cargo doutra empresa, coa que se rematan os problemas que houbo nas dúas tempadas pasadas, e coas que xa se traballou noutras ocasións.
Tamén o concello de Boborás abrirá as súas instalacións a finais deste mes. Este ano estrean unhas piscinas moi demandadas entre a veciñanza. O Concello abriu o prazo de presentación de propostas para a xestión da cafetería, que conta cunha cómoda terraza, e está totalmente equipada para ofrecer servizo durante todo o ano, tendo en conta a localización das piscinas nun amplo espazo de instalacións.