Manolo Prado Alcalde de Beariz

O BOP de hoxe publica a seguinte convocatoria

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal

1.- Número e denominación dos postos de traballo: unha brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais, composta por un xefe de brigada, un peón condutor, tres peóns de brigada e un condutor de tractor para tratamentos preventivos de xeito mecanizado.

2.- Modalidade do contrato: contrato temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo

3.- Duración do contrato: 3 meses.

4. Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Prazo de presentación de solicitudes: dous días hábiles dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

6.- As bases específicas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Beariz e no seguinte enlace https://beariz.sedelectronica.es/board.