Varios positivos obrigan a cancelar o musical tributo ó Rey León no Carballiño

Dentro da programación de Nadal para esta fin de semana, estaba prevista o musical tributo ó Rey León 2, baixo o nome “El regreso de Scar”. A actividade estaba programada para mañá sábado, no Auditorio Manuel María. Dende a empresa organizadora do evento anunciaron ó concello do Carballiño a cancelación do mesmo, a causa de que varos actores e bailaríns deron positivo en covid-19.