O luns comezará a campaña de vacinación da gripe cos sanitarios, seguidos dos maiores de 65 anos

Publicidade ASPADISI

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o inicio o próximo luns da campaña de vacinación antigripal, que se estenderá ata finais de decembro. A Xunta adquiriu máis de 885.000 doses, que serán distribuídas nos máis de 900 puntos de vacinación despregados, entre centros de saúde, hospitais e residencias.

O luns 18 de outubro comezará a inoculación ao persoal de centros sanitarios públicos e privados. A partir do 25 de outubro será a quenda dos de 65 e máis anos e persoas en centros ou residencias. Desde o 15 de novembro vacinarase ás persoas de 60 a 64 anos, maiores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e prematuros de ata 2 anos e persoal de servizos esenciais e farmacias. E, por último, desde o 29 de novembro continuarase co resto da poboación diana sen vacinar e conviventes con persoas de risco.

HIPER MASIDE