O Bng denuncia o estado de ruína e abandono do edificio da Deputación no casco histórico de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

Bernardo Varela afirma que o espazo ten que ser rehabilitado e hai  moitas funcións polas que pode ser posto en valor.

Luís Seara indica que existe unha relación entre o abandono deste edificio e a actual situación da universidade Popular

HIPER MASIDE

 O Voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela e o voceiro do grupo municipal do BNG de Ourense, denunciaron ante os medios o deplorable estado de abandono e mantemento no que a Deputación de Ourense mantén o edifico da Rúa Monterrei en pleno centro do Casco Histórico de Ourense.

 No período no que estivo en mans da Deputación de Ourense, os últimos 20 anos, o inmoble non fixo máis que deteriorarse, indica Varela, e non se acometeron obras que permitisen a súa rehabilitación. A pesar de que en 2016 o entón alcalde de Ourense Xesús Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense, afirmaron que o espazo estaría totalmente rehabilitado e en funcionamento  como “espazo museístico  das pedras do afiador”. “Porén o espazo continúa deteriorándose  en estado de abandono e cun aspecto lamentábel” declara o voceiro provincial do BNG. 

 Por esta razón o grupo provincial do BNG porán esta circunstancia en coñecemento do pleno provincial para demandar ao ente provincial tomar medidas para recuperar este espazo. “Non semella moi didáctico, cara os propietarios privados que as propias administracións  públicas  non sexan quen de por en valor as súas propiedades no casco histórico.”

A relación do edifico coa situación da Universidade Popular

 O voceiro do grupo municipal do BNG, Luís Seara, puxo en relación a situación deste edificio coa situación que atravesa a Universidade Popular a través do percorrido histórico deste edificio desde a súa adquisición pola Deputación provincial de Ourense no ano 1999.

Así Seara indica que edificio da rúa Monterrei,  adquirido no ano 1999 pola Deputación de Ourense, para albergar a “Escola de Artes e Oficios” tras non acceder aos fondos europeos cos que a Deputación pretendía financiar o proxecto, é declarado ruína polo goberno municipal en 2003, e o continuo abandono  levou a que fose declarado “ruína inminente” en 2004 procedéndose á demolición e baleirado do mesmo, conservándose exclusivamente a fachada.

Ante a imposibilidade rehabilitar o edificio para a escola de artes e oficios  a Deputación de Ourense alugoulle un baixo á fundación San Rosendo, o baixo da praza maior  para ubicar a escola de artes e oficios.  Baixo que posteriormente mercaría a Deputación de Ourense.

A xunta de goberno do 30 de setembro de 2020 do goberno municipal aproba unha  “mutación demanial” do baixo onde se atopa a escola de artes e oficios,  polo da rúa da Canle  que estaba previsto para unha cafetería e que hoxe alberga o festival de cine de Ourense.

 Jácome anunciou a intención de sacar a concurso ese local destinado a cafetería e que hoxe ocupa o festival de cine. Ofrecéndolle a Deputación trasladase  ao anexo do edificio das artes escénicas que hoxe está ocupando a Universidade Popular. “Mermando deste xeito as capacidades da Universidade Popular.” Declaraba o voceiro do grupo municipal do BNG de Ourense, Luís Seara.

A perda de valor dun inmoble do casco histórico de Ourense

En 2014 a conselleira delegada de urbanismo ordena inscribir o solar no rexistro de “solares e terreos sen urbanizar”, polo que había un prazo de dous anos para executar a rehabilitación e restauración do inmoble, tras o cal debería saír a poxa pública  por un valor de 511.000€, valor fixado polos técnicos do PERI, prezo sensiblemente inferior aos 637.000€ polo que foi adquirido pola Deputación. 

Porén coa “Lei de Rehabilitación e Rexeneración Urbana de Galiza” do ano 2019 ese prazo de dous anos veríase reducido a seis meses. E se non era rehabilitado podería ser adquirido polo concello por un 25% do seu valor catastral. Cantidade moi inferior ao valor de adquisición e ao valor establecido polos técnicos.