Manuel Baltar participou na reunión do Consello Político de Partenalia

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá por videoconferencia na reunión do Consello Político de Partenalia, a asociación europea de gobernos locais intermedios. 

En calidade de presidente, Manuel Baltar participou nun encontro no que, entre outros asuntos, abordouse o Plan de Acción de 2023, que conta con varias actividades, conferencias e novos encontros enfocados na posta en valor do traballo dos gobernos locais intermedios e o seu papel en cuestións clave como a dinamización territorial ou na xestión dos fondos europeos.

AVANTAR ACTIVIDADES