Comunicado Psdeg-Psoe de Ribadavia

Xa na fase 2 do estado de alarma, afastándonos cada día un pouco máis da sombría situación que deixou a tantas persoas no camiño pola doenza, a presión que soportou o persoal sanitario por mor da falta de material e equipos epi´s, o incremento e a gravidade dos pacientes, o cese da actividade de moitas empresas e ao peche de pequenos negocios familiares, (entre outros..), enfrentámonos a un futuro de incertidume, pero algo máis esperanzados polo supostamente aprendido das anteriores fases.


En momentos de crise é cando hai que colaborar, todos xuntos sumamos, a responsabilidade do Partido Socialista, asumiu a súa. Decidimos libremente e a título persoal facer doazóns para a loita contra a COVID-19 no noso municipio.

AVANTAR ACTIVIDADES


Desde o primeiro instante preocupábamos a situación dos nosos maiores na Residencia Nós Anxos, o risco é maior pola súa avanzada idade e múltiples patoloxías.


A primeira proposta foi a de doar a partida por asistencia a pleno e comisión do mes de marzo para empregar no que estimara a xerencia; material, probas, desinfección, persoal…
Manifestamos a nosa inquedanza pedindo unha e outra vez as probas test- PCR a todos os maiores e ao persoal que ofrece os seus coidados, ademáis de detectar posibles casos asintomáticos da doenza, garantimos a tranquilidade do propio persoal, que
estaba a padecer unha gran presión e inseguridades e para a das propias familias.


O mesmo seguimos a pedir para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar que, preocupadas polo risco, seguen sen chegar estas probas para este colectivo.
O seguinte obxectivo foi asegurarnos da provisión de material, unha vez consultado co xerente da residencia, a iniciativa chegou da man do noso voceiro, Nacho Gómez, o cal achegou unha doazón de mil pares de luvas, material que precisaban con urxencia.


Semanas despois os catro membros do Grupo Municipal Socialista de Ribadavia, volvíamos a consultar á xerencia para seguir coa nosa colaboración. Desta vez mercamos lencería para todas as camas dos residentes (sabas; encimeiras e baixeiras, fundas de almofadas), xa que as que tiñan, estaban deterioradas do uso e lavados. Pola mesma razón, doamos unha partida de cincuenta toallas de baño para repoñer as que estaban en mal estado.


Quixemos ofrecer a nosa colaboración e priorizar as necesidades dos que máis o necesitan con estas doazóns.


Ademáis queremos dar unha visión positiva á clase política, moitos SÍ nos preocupamos, e nos esforzamos incluso sufrindo situación de Erte ou parados, como nos está acontecendo a moitos no Grupo Socialista. No fondo somos persoas como calquer veciño/a, non o esquezamos cando o virus quede no pasado.