venres 26 de novembro, presentación en Lugo do libro “O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística”

O venres 26 de novembro, ás 19,30 h, no Museo Provincial de Lugo, praza da Soidade, s/n, presentaremos o libro “O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística”, de Iria-Friné Rivera Vázquez, publicado pola noso selo editorial Dr. Alveiros.

Publicidade

O libro conta cun prólogo do neto de Camilo Díaz Baliño, Xosé Díaz. 

A vida e obra de Camilo Díaz Baliño están entrelazadas. Como personalidade artística adquiríu unha dimensión histórica, enraizando coa tradición e vangarda dos anos 20 e 30. As imaxes que concibíu nelas plasmou a Historia, a literatura e a cultura galega nunha linguaxe simbólica na que o épico e o poético danse a man. A transcedencia do seu legado viuse no que deixou as seguintes xeracións ata a actualidade.