O Carballiño sobe ata os 96 casos activos, catro máis nas últimas 24 horas

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 145 contaxiados (+8). O Concello do Carballiño presenta hoxe 96 casos activos, catro casos máis nesta fin de semana.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Boborás sobe un caso ata os 13 contaxios. Beariz sobe dous casos ata os 10 positivos, mesma cifra ca Maside. O Irixo mantén sete casos. San Cristovo conta con 4 casos e Piñor suma un ata os tres positivos. San Amaro conta con dous casos. Punxín é o único libre de covid.  

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------