En Avión: convocatoria para contratación de 3 peóns/peoas de obras públicas e un condutor/a-tractorista

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A SELECCIÓN DE 3 PEÓNS/PEOAS DE OBRAS PÚBLICAS E 1 CONDUTOR/A-TRACTORISTA, PERSOAL LABORAL TEMPORAL CON CARGO Á SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN AO ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS PARA 2024

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Convocatoria para a selección do persoal que se indica con cargo á subvención da Deputación ao abeiro do Plan provincial de obras e servizos para 2024:

  1. Prazas a cubrir: 3 peóns/peoas de obras públicas e 1 condutor/a-tractorista.
  2. Duración do contrato: 7 meses.
  3. Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da
    produción.
  4. Sistema de selección: valoración de méritos e realización de probas prácticas de carácter
    eliminatorio.
  5. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión ou por
    calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste
    anuncio no BOP.
  6. Exposición das bases: o texto completo estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal
    de transparencia do Concello de Avión