O concello do Carballiño promove a compostaxe doméstica

A Concelleira de Medio Ambiente do Concello do Carballiño, Rita Soto, pon en coñecemento dos veciños e veciñas do  Carballiño, o inicio da campaña de compostaxe doméstica co fin de aproveitar os residuos orgánicos e obter un abono de calidade e de balde. A campaña, que se leva a cabo nos concellos da provincia que teñen delegado o servizo de recollida de RSU na Deputación de Ourense,  céntrase na distribución dos composteiros e  no seguimento do proceso.

Para poder solicitar a inclusión no programa o usuario debe ter a primeira residencia no Carballiño, un mínimo de 50 metros cadrados de horta ou xardín, non ter participado noutras edicións da campaña. A solicitude debe realizarse na área de medio ambiente do Carballiño en horario de 9h a 14h.

AVANTAR ACTIVIDADES