Ramón Lluís Bande presenta o sábado día 4 en Celanova o seu último filme sobre a memoria da guerra en Asturias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O escritor e cineasta Ramón Lluís Bande (Xixón, 1971) presentará en Celanova o seu último filme sobre a memoria da guerra en Asturias: Vaca mugiendo entre ruinas, estreado no Festival Internacional de Cine de Xixón no 2020 e cun único pase, na Sala Numax de Compostela, até hoxe en Galiza.

A presentación terá lugar no salón principal do Auditorio Municipal o próximo sábado, 4 de decembro, ás 17:00 horas. A entrada é gratuíta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ramón Lluís Bande, autor entre outros dos filmes Equí y n’otru tiempu (2014), Escoreu, 24 de diciembre de 1937 (2017) –no que aparece unha referencia directa o tratamento que recibían os presos no cárcere de Celanova– e Cantares dunha revolución (2018), no que colabora con Nacho Vegas, que en Vaca.. pon a voz en off, tamén creou e dirixiu varias series documentais para a Televisión Pública Asturiana.

En Vaca mugiendo entre ruinas, o material de traballo son as fotografías de Constantino Suárez –tomadas entre 1934 a 1937 en Xixón e a súa contorna– a través das que se narra a historia do Consejo Soberano de Asturias y León, que dirixiu a esistencia republicana até a caída da fronte en outubro do 37.

Ramón Lluís Bande tamén presentará en Celanova o libro Cuaderno de la guerra, un guión estendido do filme, no que recolle as imaxes de Constantino Suárez, textos xornalísticos, documentos políticos, xunto a unha fonda reflexión sobre a memoria e o papel do cine na reconstrución da memoria.

A editorial Pez de Plata remitiu exemplares do libro ao Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova que estarán a venda para o público asistente e tamén se poden reservar escribindo o mail: memoria.celanova@gmail.com