O concello levará en maio e xuño talleres ás mulleres do rural e do casco urbán

Esta mañá, no concello do Carballiño, tivo lugar a presentación dun novo ciclo de talleres destinados a mulleres, tanto no rural coma no núcleo urbán. A encargada de presentalo foi a concelleira de igualdade, Guadalupe Sobrado.

O taller que se levará a cabo terá o nome de “Enredadas”, e terá lugar en sete sesións nos diferentes locais sociais das parroquias do rural, e para O Carballiño, no Bo Día Familia, nos meses de maio e xuño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Terán lugar o luns día 9, ás 16:00 horas, en Santa Uxía; ese mesmo días, ás 18:00 horas, en Arcos. O martes día 10, ás 16:00 horas, en Mudelos e ás 18:00 horas en Veiga. O mércores día 11, ás 16:00 horas, no Torrón e ás 18:00 horas no Bo Día Familia. E o xoves, ás 16:00 horas, en Miomás.