O Concello humanizará as rúas Caravel e Loureiro do Barrio de Flores cun investimento que supera os 150.000 euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O executivo local xa dispón dun proxecto para levar a cabo as obras nestas dúas vías do casco urbano e o prazo de execución será de cinco meses

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño, 10 de maio de 2023

O Concello do Carballiño porá fin as deficiencias existentes nas rúas Caravel e Loureiro, emprazadas no Barrio de Flores. Para acometer as obras o executivo local xa conta cun proxecto no que se detallan as actuacións previstas e o importe total da actuación, que ascende a 153.397 euros. Segundo este mesmo documento, o prazo de execución será de cinco meses.

No proxecto que define o plan de obra establécese o trazado e características do acondicionamento dos pavimentos e a renovación da rede de abastecemento destas dúas rúas do casco urbano do Carballiño. Ademais, prevese a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova rede e varios sumideiros de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento no caso da auga e de formigón deteriorado no caso do alcantarillado. Posteriormente, repoñeranse as bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas.

O executivo local prevé poñer fin con este proxecto ás deficiencias detectadas nestas dúas vías, no marco do plan de reparacións de infraestruturas viarias que se estende por todo o municipio.