A directiva do C.D. Arenteiro convoca en Asamblea Extraordinaria ós socios. O encontro celebrarase o próximo día 14 de outubro, ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21 en segunda convocatoria, no Auditorio Municipal Manuel María. A orde do día inclúe informar do estado da obra de acondicionamento do campo de xogo, o informe da instalación do novo alumeado e do videomarcador.
Pola situación sanitaria, será preciso o uso de máscara durante a reunión e tomarase a temperatura antes de acceder ó auditorio.