Galeguizar Galiza

Que cada vez son máis o número de marcas comerciais que utilizan a lingua galega nas súas etiquetas é un feito constatable; A progresión nos próximos tempos demostrará que hai en moitos empresarios unha nova maneira de faceren negocios sen renunciaren ao elemento máis singular da nosa identidade: a lingua galega.

Este ano a numerosa concorrencia que asistiu ao acto celebrado no salón de actos do Museo Etnolóxico de Ribadavia e organizado por IRGADE ( Irmandade Galega de agroalimentarios e adegueiros ) ratifica ese interese pola expresión da galeguidade nas marcas comerciais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Enlace o VIDEO do ACTO :