Os veciños do barrio da Barronca celebran Halloween con decoración artesanal

Hoxe abríronnos as portas da súa praza os veciños do barrio da Barronca, na rúa Caridade, en pleno centro do Carballiño. Un pouco escondido ós ollos dos que pasean polas rúas, animan cada data do calendario con adornos.

Coma sempre, recorren a materiais reciclados para as súas creacións e á axuda comunitaria dos veciños do barrio. Para eles é un xeito de facer cada data un pouco máis especial. Queren animar a todos a que se unan a facer pequenas decoracións, que fagan de cada recuncho algo diferente que poder visitar nesta vila. Ademais, xa están traballando na decoración de Nadal.

AVANTAR ACTIVIDADES