Badal Tv homenaxea a Ricardo Carvalho Calero

Badal Tv homenaxea a Ricardo Carvalho Calero, o protagonista das letras galegas deste ano a través da voz de caras coñecidas da comarca

Publicidade

VIDEO

O filólogo e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, foi mestre de varias xeracións, licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor pola Universidade de Madrid. Membro numerario da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Está considerado o gran pensador do reintegracionismo, sendo membro da Academia das Ciencias de Lisboa desde 1981 e membro de honra da Associaçom Galega dá Língua.

Ricardo Carballo Calero non terá polo de agora a merecida homenaxe debido a crise sanitaria. Pero dende Badal Televisión quixemos honrar a súa figura coa realización dun vídeo no que Luis Tosar Pte da Fundación Insua dos poetas, Clara Vázquez profesora e integrante do grupo de teatro Dar Trela e Andrés Fdez da asoación Avantar, contannos o que signifou Ricardo Calero para a cultura galega; e veciños da comarca leron fragmentos das súas obras.