Punxín, cun caso activo, único concello con contaxios na comarca do Carballiño

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 1 (=) contaxiado únicamente, ca mesma situación ca onte. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, quedaba onte libre de covid, por primeira vez dende o verán de 2020. Punxín mantén un caso activo. Os demais concellos están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 8 (-1) casos activos. Catro casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, os mesmos ca onte. O concello de Melón presenta un caso, un contaxios menos ca onte. Leiro presenta dous casos activos. E Avión presenta hoxe un caso activo.. Todos os demais concellos están libres de covid.