O PP de Ourense homenaxea a Miguel Ángel Blanco no 23 aniversario do seu secuestro e posterior asesinato

  • O concelleiro popular en Ermua, declarou o secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, “representa toda unha xeración de mozos e mozas que nos momentos máis difíciles da nosa democracia, atacada polo fanatismo dos terroristas da ETA, decidiron dar un paso á fronte para loitar pola liberdade do seu pobo”.

“Miguel Ángel Blanco representa toda unha xeración de mozos e mozas que nos momentos máis difíciles da nosa democracia, atacada polo fanatismo dos terroristas da ETA, decidiron dar un paso á fronte para loitar pola liberdade do seu pobo”. O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, homenaxeou así ao edil popular no Concello de Ermua, de cuxo secuestro e posterior asasinato cúmprense hoxe 23 anos.

O 10 de xullo de 1997, recordou Fernández, “comezou a fraguarse un dos sucesos máis macabros e nauseabundos que conmocionaron a toda España”.  O tráxico desenlace daquela acción terrorista “tivo unha resposta ata entón descoñecida na sociedade española e marcou un antes e un despois na loita contra os asesinos de ETA”, sinalou o secretario xeral.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para Fernández, o recordo de Miguel Ángel Blanco “ten que estar presente na memoria de todos os españois polo significado que ten, que non é outro que o compromiso das persoas pola liberdade e polo benestar dos seus, aínda a costa da súa vida”.

O secretario xeral pediu tamén unha profunda reflexión do partido que sustenta o Goberno do Estado, “que se apoia en formacións herdeiras da banda terrorista ETA e que nunca condearon os asasinatos de representantes políticos, policías, gardas civís, cidadáns de a pé e mesmo cativos”.

Ourense, engadiu, “dedica hoxe un especial recordo a un descendente de ourensáns que descansa para sempre no cemiterio de Faramontaos, con Concello da Merca, na compaña dos seus pais recentemente falecidos”.