Nacho Campo: “Maside é un lugar privilexiado, pero necesitamos modernizar o Concello para que poida medrar”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O cabeza de lista do PPdeG en Maside o vindeiro 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdeG a súa ilusión e responsabilidade por liderar a candidatura popular no seu concello
  • “Ser o candidato en Maside é para min un reto e unha gran responsabilidade, que afronto dende a perspectiva dunha persoa apaixonada polo seu concello e coa vontade de implementar novas políticas de dinamización do territorio”
  • “Ao voltar ao meu pobo decidín que a mellor opción era reformar a casa dos meus avós e asentarme definitivamente no concello”, explica o cabeza de lista do PPdeG en Maside e presidente provincial de Novas Xeracións
  • “O que máis boto en falta é a modernización do Concello, temos que pensar en que Maside medre”
  • “Maside é un lugar privilexiado en canto a situación xeográfica-estratéxica, xa que está a unha hora de calquera das cidades galegas e a dúas horas e media de Madrid en Alta Velocidade”
  • “Teño a enerxía e as ideas para traballar nun proxecto a catro anos, sen improvisación, no que planifiquemos o que imos a facer e como o imos a facer”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

  • O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
  • A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías