O BNG reclama en San Amaro aumentar as horas de atención o público que ten a Traballadora Social

As nacionalistas queren que as veciñas poidan ter acceso á información de todas as axudas e recursos que poden solicitar neste tempo de crise

. A voceira do BNG no Concello de San Amaro, Mariana Rivera, reclámalle á equipa de goberno que  se incrementen as horas de prestación laboral do posto da traballadora social na atención aos servizos social do Concello pola gran carga laboral que a día de hoxe posúe a traballadora. Asemade, reivindican que unha gran parte se destine á información para a veciñanza e o uso dos diferentes recursos e prestacións que se posúen.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación nacionalista presentou por rexistro un escrito solicitando un escrito ao goberno municipal a ampliación do horario da Traballadora Social do Concello de San Amaro. A razón é que ante os problemas xurdidos pola crise da COVID-19, son moitas as familias e veciñas do Concello que precisan axudan para acceder a calquera dos recursos e prestación que se poden solicitar desde os Servizos Sociais Básicos comunitarios. “A universalidade dos servizos require da intervención das institucións públicas e garantir o acceso universal e sen ningún tipo de discriminación, fomentando a participación na comunidade como cidadáns activos” destacou a voceira do BNG en San Amaro, Mariana Rivera.

“É unha situación límite en canto ao sufrimento das familias e o risco social e económico das persoas. A precariedade e a pobreza non cesan nas súas cifras véndose incrementadas a medida que pasan os días” destacaron desde a formación nacionalista. Así mesmo, indicaron que se fan necesarios certos niveis de cohesión e integración social a través do impulso dunha rede pública de servizos sociais que saiba dar resposta ás necesidades da poboación.

Con este obxectivo reclámanlle ao Concello de San Amaro que aumenten as horas da Traballadora Social adscrita ao municipio para a atención aos Servizos Sociais e as veciñas e veciños poidan solicitar prestacións e recursos comunitarios tales como “a RISGA, a AIS ou calquera outro recurso que poidan solicitar desde a administración municipal”.